Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

OSD de Coia denuncia que o Goberno local desoe á Valedora do Pobo sobre os cortes de #Auga

AugaA Oficina de Dereitos Sociais de Coia, ven de denunciar que o goberno municipal “non so desoe á veciñanza, tamén á Valedora do Pobo”. Segundo informa, o pasado 19 de abril presentou, ante a institución que dirixe Milagros Otero, un escrito “na procura de defensa do dereito á auga en Vigo”. O escrito foi admitido a trámite o 2 de maio (expediente Q/899/16), data na que lle requiren ao Concello a información pertinente para valorar a queixa. “Unha primeira petición que desoe o concello que tiña 15 días de prazo para respondela”.

O silencio do Concello motiva que a oficina da valedora requira, o 2 de xuño, información sobre o asunto. “Petición por segunda ocasión desatendida”. A valedora, o 4 de xullo, informa á Oficina de Dereitos Sociais que “o  Concello de Vigo persiste na súa actitude de non enviar a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións”.

Ante iso, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia ven de recordar de novo ao Concello o seu deber de colaborar ao rápido esclarecemento da situación que nos expón na queixa porque, “até en tres ocasións a valedora requiriu información a un goberno que enche a boca falando de transparencia”.

 

También te puede interesar