Galicia

Extinguido o incendio de Lalín, que arrasou 21 hectáreas, e controlados os de Lobios e Ribas de Sil

02vigoalminutoMedio Rural ven de dar por extinguido o incendio que empezou este luns na parroquia de Lebozán, no concello de Lalín e que, segundo as primeiras estimacións, arrasou 21 hectáreas de monte raso e arbolado. Nos traballos de extinción do lume participaron un técnico, cinco axentes, 15 brigadas, sete motobombas, 1 pa e seis helicópteros.

O Goberno de Galicia sinalou, ademáis que está controlado  o lume que empezou preto das 11 e media da noite de onte na parroquia de Torno, no conccello ourensán de Lobios. O incendio, que  empezou pasadas as 2 e media da tarde deste luns xa queimou 39 hectáreas. No traballo de extinción participan un técnico, seis axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, unha pa e sete helicópteros.

Finalmente, también está controlado o incendio forestal iniciado á 4 da tarde deste luns no concello lucense de Ribas de Sil. O lume, que xa arrasou 18 hectáreas, precisou o traballo de 2 técnicos, 6 axentes forestaiss, 13 brigadas, seis motobombas, unha pa e sete helicópteros. No mesmo, 5 operarios resultaron feridos, un deles de gravidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.