Vigo al minuto

Presentan en Vigo #Smartaqua, unha aplicación que permite xestionar dende o móbil todos os servizos de Aqualia

AguaO Concello de Vigo e a Empresa Concesionaria do Servizo Muncipal de Augas, Aqualia, presentaron este luns SMART Aqua, a aplicación para dispositivos móbiles, Android´e IOS, desenvolvida por Aqualia, que permite realizar todas as xestións relacionadas co contrato da auga.

Segundo subliñou o concelleiro de Fomento, David Regades, e os responsabeis da concesionaria, Smart Aqua permite realizar todas as xestións relacionadas co Servizo de Augas, no momento que o cidadán desexe, “da forma máis sinxela e cómoda, ao alcance da súa man”.
A nova aplicación “é un servizo máis aos cidadáns que ven complementar aos demais. As canles presenciais, telefónico e internet permiten aos cidadáns elixir o método que prefiren para comunicarse e dar solución ás súas necesidades”. 

Os veciños poderán acceder a toda a información e servizos da aplicación, través da web http://www.smart-aqua.com/index2.php ou da etiqueta en twitter #Smartaqua.

También te puede interesar