Galicia Sucesos

Dous mortos e 97 feridos a pasada fin de semana nas estradas galegas

061-ambulanciaO 061 asistiu durante a fin de semana a 97 persoas debido a 69 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e a media noite do domingo.

Durante este período, a Central de Coordinación do 061 recibiu 75 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O día con mais incidentes foi o sábado, con 31. Por provincias, a máis afectada foi Pontevedra, onde tiveron lugar 27 accidentes de tráfico, seguida de A Coruña, con 22; e Lugo e Ourense, con 10 en cada unha.

En total, mobilizáronse 100 recursos sanitarios. En concreto, as ambulancias medicalizadas acudiron a 10 accidentes, as asistenciais mobilizáronse en 77 ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia 10 veces. As ambulancias convencionais foron mobilizadas en tres ocasións.

En 87 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, oito foron atendidos no mesmo lugar do incidente, sen necesitar traslado, e dúas persoas faleceron.

También te puede interesar