Vigo al minuto

Os traballadores do Sergas volven a protestar en defensa da sanidade pública

protesta sanidade01

Ducias de traballadores do Sergas participaron este xoves na concentración convocada pola xunta persoal do Chuvi e SOS Sanidade Pública no hospital Álvaro Cunqueiro para reclamar o rescate do centro médico para a sanidade pública e a apertura de todas as camas de hospitalización pechadas durante o verán.

A protesta, que forma parte do calendario de mobilizacións fixado para o mes de xullo, desenvolveuse tanto no interior como no exterior do edificio, na zona de consultas externas.

protesta sanidade02Os participantes despregaron varias faixas e berraron consignas como ‘A solución, rescatar a concesión’, ‘A privatización é corrupción’ e ‘Xerente dimisión’.

Entre as reclamacións do persoal do Sergas salientan o rescate do Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública, a apertura de todas as camas de hospitalización pechadas, a posta en marcha da unidade de críticos no Meixoeiro e un plan de choque contra as listas de espera, ademais de rexeitar calquera derivación á sanidade privada.

A seguinte protesta será o vindeiro 21 de xullo, nesta ocasión terá lugar na antiga entrada de Urxencias do hospital Xeral ás 20.00 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.