Comarcas Destacados

Redondela súmase á rede galega de praias sen fume

folleto-praias-sen-fumedef

O Concello de Redondela quere incluir a parte dereita da praia da Punta, en Cesantes, na rede galega de praias sen fume, á que xa se sumaron 22 praias máis e que está especialmente pensada para aos areais que teñen o galardón de Bandeira Azul.

Este ano vanse valorar os resultados sobre o areal comparando a calidade da area coa zona que segue sendo libre para fumadores e para o ano se o resultado é bo converterase todoa a praia da Punta en área libre de tabaco.

Con esta iniciativa buscase un dobre beneficio xa que incide na saúde dos cidadáns e repercute tamén no medio ambiente xa que as cabichas son un residuo altamente contaminante, que tarta moito en desaparecer e cunha gran dificultade para a súa eliminación tanto por medios manuais como mecánicos.

O Concello colocará a sinalización e repartirá folletos informativos aos cidadáns. Unha vez informada a cidadanía o acceso será libre non haberá sancións pero dende o concello se espera que a iniciativa teña acollida e se cumpra para poder valorar os beneficios desta inclusión no programa implusado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Tan pronto sexa incluida a praia no programa izarase unha bandeira e colocaránse carteis que delimitarán a zona incluida no programa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.