Comarcas Galicia

As Neves prepara as copas para a XI Festa do Tinto Rías Baixas

Tinto-Rías-Baixas

En tres días o viño tomará As Neves coa XI Festa do Tinto Rías Baixas, que se celebra o 9 e 10 de xullo cun amplo programa de actividades que arranca este mesmo mércores coa actuación do grupo de teatro Limiar, que representará ‘A lingua na boca’ no auditorio municipal ás 21:00 horas.

Xa este xoves 7 de xullo, para ir quentando motores, os amantes dos viños poderán participar nunha cata profesional a cargo de Pedro Ballesteros, único Master of Wine español, que tendrá lugar no mercado municipal das Neves a partir das 18:00 horas. E o venres 8, a partir das 21:00 horas, cunha cata maridaxe no Mercado Municipal.

Tamén este venres rematará unha das grandes novidades desta undécima edición, a primeira ‘Ruta Pincho Rías Baixas’ nos establecementos de hostelería locais, nos que dende o 1 de xullo houbo degustacións de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas maridados con pinchos elaborados especialmente para a ocasión polos hosteleiros das Neves.

Apertura da festa

Este ano a Festa do Tinto Rías Baixas incluirá como novidade a celebración dunha ruta de senderismo e unha visita ás adegas vinculadas á Ruta do Viño Rías Baixas, durante a mañá do venres 9 de xullo. Unha actividade gratuita e de prazas limitadas para a que hai que anotarse ata este xoves 7 de xullo a través do correo [email protected] ou nos teléfonos 986 09 10 88 ou 687 523 230.

Os stands da festa abrirán as súas portas na Praza Maior das Neves tanto o venres como o sábado en horario de 11:00 a 21:00 horas. No espazo habilitado para la hostelería, este ano incluirase unha novidade: varias Food-Truck, camións restaurante que complementarán a oferta tradicional e autóctona. O grupo Ronco & Fol realizará unha actuación ás 12:00 horas e amenizará musicalmente toda a xornada.

Túnel do Viño

Paralelamente, o sumiller Nacho Costoya guiará un Túnel do Viño no Mercado Municipal. Esta actividade supón unha oportunidade única para coñecer os tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas, a través das indicacións deste profesional do sector. Ata o de agora, están confirmadas 36 marcas dunha quincena de bodegasque se poderán degustar en dito Túnel do Viño.

O prezo da entrada a este Túnel do Viño será de 10 euros. O seu horario será o sábado 9 de xullo, de 12:30 a 14:30 e de 20:30 a 22:00 horas, e o domingo 10 de xullo, en horario de 12:30 a 14:30 horas.

Pregón

O pregón desta celebración terá lugar o sábado 9 de julio, ás 13:00 horas, a cargo de Pablo Américo Saa González, profesor de Viticultura e Enoloxía do CIFP A Granxa (Ponteareas). Cerrará a Xornada a actuación musical de Pelepau, que dará comenzo ás 22:30 horas.

O domingo 10 de xullo a nota musical correrá a cargo da Banda de Música Popular de Rubiós, ás 13:00 horas. Xunto con eles, a partires das 18:00 horas, a compañía Isla e Triska presentará o espectáculo infantil “Le Triska Inmobile”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.