Destacados Vigo al minuto

Máis de 170 obras presentadas ao III Certame de Relatos Vigo Histórico

escribir

Pechado o prazo de presentación de historias para III Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira e patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa Tressis.

Ahora 170 obras deberán enfrontarse agora ao xurado, un número moi similar ao acadado nas dúas edicións anteriores. Deles, 130 foron escritos en castelán en 34 en galego e o 57% foron redactadas por homes. 

Aínda que Galicia é a comunidade con maior participación no certame, sobre todo con escritores procedentes de Vigo e Pontevedra, tamén se recibiron relatos de moitos países latinoamericanos, como Arxentina, Venezuela, Cuba, Chile, Nicaragua, Colombia, República Dominicana e Costa Rica, e mesmo de Holanda.

Nesta ocasión presentáronse en total 203 traballos, pero 33 non foron admitidos por non cumprir as bases do concurso, principalmente por non desenvolverse a acción na cidade de Vigo.

O xurado dará a coñecer os gañadores o 30 de setembro e no mes de decembro realizarase o acto de entrega dos premios e a presentación do libro III Relatos na Rúa, realizado cos relatos premiados e unha selección dos mellores. Haberá un primeiro premio de 1.000 euros para o gañador e ata 5 accésits de 200 euros cada un.

También te puede interesar