RGPD - Cookies
Comarcas Destacados

O XLII Mundialito da Xunqueira quenta motores

Nota de Prensa XLII MUNDIALITO XUNQUEIRAUn ano máis a vila de Redondela prepárase para acoller o XLII Mundialito da Xunqueira, todo un clásico dos torneos de verán.

Os equipos participantes farán disfrutar durante o mes de xullo a todos os asistentes dun torneo con características propias, onde sobresaen as vallas que conseguen imprimir dinamismo e velocidade no xogo.

O próximo venres terá lugar na Cafetería Aifos o sorteo dos grupos e o calendario completo da primeira fase, na que se poderá ver catro partidos ao día durante o mes de xullo, de 20.30 a 22.30 horas.

Este ano o torneo coincide co 30 Aniversario do clube Redondela F.S., polo que a Organización espera que un ano máis sexa un éxito e as rúas de Redondela vibren co mellor fútbol sala.

También te puede interesar