Ciencia y Tecnología

Un reumatólogo do Chuvi analiza por primeira vez os danos irreversibles de pacientes con Lupus Eritematoso Sistémico

José María Pego Reigosa

Unha investigación do reumatólogo do Chuvi José María Pego vén de ser galardoada pola Sociedade Española de Reumatoloxía pola innovación que supón a análise dos danos que acumulan os pacientes que sofren Lupus Eritematoso Sistémico (LES) desde que son diagnosticados desta enfermidade.

Nesta investigación, o doutor Pego estudou 3.658 casos que están rexistrados como pacientes con LES na Sociedade Española de Reumatoloxía. Un rexistro do que é investigador principal, xunto con doutor Rúa Figueroa, do Hospital Universitario Doctor Negrín de Las Palmas de Gran Canaria. Tamén colaborou o Grupo SIDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research), ligado ao Departamento de Estadística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, que lidera Jacobo de Uña.

O dano que sofren estes pacientes son todas aquelas secuelas irreversibles que acumula o enfermo unha vez que se lle diagnosticou a enfermidade a consecuencia da propia doenza, dos fármacos que se empregan para o seu tratamento ou doutras patoloxías asociadas: cataratas, infarto de miocardio, accidentes cerebro-vasculares ou fracturas vertebrais.

O obxectivo do traballo foi identificar determinados patróns, ou clusters, de manifestacións do dano nun amplo grupo de pacientes con LES e avaliar a potencial asociación deses patróns cun maior risco de mortalidade”, explica José María Pego.

Como resultado do estudo identificáronse tres patróns. Un deles, caracterizado pola existencia de moi pouca ou nula presenza de dano; outro caracterizado pola existencia de dano músculo-esquelético en todos os seus pacientes; e un terceiro caracterizado pola existencia de dano cardiovascular en todos os seus pacientes.

Observouse que a taxa de mortalidade dos pacientes dos dous últimos grupos era maior que a dos pacientes que apenas tiñan dano. Cando se analizaron unicamente os pacientes cunha duración do LES de menos de 5 anos, obtivéronse os mesmos resultados.

Segundo explica o reumatólogo do Chuvi, “o paciente con LES ten unha alta probabilidade de padecer secuelas ou ‘cicatrices’ ao longo do curso da súa enfermidade; o médico que o atende debería prestar especial atención á prevención da aparición de dano, particularmente a nivel dos sistemas músculo-esquelético e cardio-vascular, e isto debería aplicarse xa en fases moi temperás da enfermidade, inmediatamente despois do seu diagnóstico; esta estratexia levaría consigo unha mellora no prognóstico dos pacientes”.

O traballo premiado foi recentemente publicado pola revista Rheumatology, que publica a Sociedade Británica de Reumatoloxía. O doutor Pego Reigosa foi convidado a expoñer os resultados da súa investigación no X Congreso Europeo de Lupus Eritematoso Sistémico que se celebrará en Venecia no mes de outubro.

También te puede interesar