Comarcas

Nigrán amplía o cemiterio de Parada pola alta demanda veciñal

cementerio nigran

O Concello de Nigrán comezou as obras de ampliación do Cemiterio Municipal de Parada, nas que investirá 34.272 euros para dispoñer de 36 novos nichos nunha parroquia na que había gran demanda por parte dos veciños.

As sepulturas contan cunhas dimensións libres de 0,87 metros de ancho, 0,70 metros de alto e cun fondo de 2,70 m de lonxitude, empregándose para a súa construcción materiais impermeables que aseguran a drenaxe axeitada e unha expansión dos gases en condicións de inocuidade e saída exterior pola parte elevada.

Prohibición do glifosato

Por outra banda, o goberno levará a pleno o vindeiro xoves unha moción na que proporá a prohibición do uso do herbicida de acción rápida glifosato en todos os lugars públicos do municipio e sustituílo por solucións non contaminantes, ao tempo que solicitará á Xunta que non o empregue na rede viaria de competencia autonómica que atravesa Nigrán.

O lifosato é o herbicida máis empregado en Galicia en cunetas pese a estar catalogado pola OMS como “probablemente canceríxeno para o ser humano” e supoñer un risco para a poboación, para os traballadores que o empregan, o gando, a flora e a fauna, extendéndose a súa toxicidade ao chan e ás augas.

También te puede interesar