Vigo al minuto

Alberto Núñez Feijóo (PP): “Espero que non teñamos que arrepentirnos doutros resultados que non desbloqueen a situación que vivimos”

feijoo

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, votaba esta mañá no CEIP García Barbón de Vigo convencido de que o que “vai decidirse hoxe é a España que queremos, a España das liberdades, dos servizos públicos, da recuperación económica”.

O popular facía un chamamento aos cidadáns a achegarse ás urnas para poder “desbloquear a situación de impass que están a sufrir as institucións pola falta de constitución de goberno” e confiaba en que esta segunda volta permitirá “empezar a consolidar o goberno a partir do próximo luns”.

“Temos que pensar que o que vaiamos a decidir hoxe non o podemos cambiar dentro dunhas semanas ou duns meses se non nos gusta, que o que vamos a decidir hoxe é o goberno de todos ata o 2020. E para ter goberno é necesario que as urnas falen con claridade. Espero que non teñamos que arrepentirnos doutros resultados que non desbloqueen a situación que vivimos”, salientou.

O presidente da Xunta acudíu a votar acompañado da cabeza de lista do PP por Pontevedra, Irene Garrido, e da portavoz municipal do Partido Popular en Vigo, Irene Garrido.

 

También te puede interesar