Desconvocada a folga indefinida de Viza

2016 06 23 DesconvocanFolgaVizaA asamblea de traballadores de Viza, empresa do sector da automoción con sede no Porriño, decidiu, por unanimidade, este xoves pola noite, desconvocar a folga indefinida tras o acordo acadado coa empresa sobre o novo convenio colectivo.

O devandito acordo, que terá unha vixencia de dous anos, establece un incremento salarial para 2016 de 50 € lineais para todos os traballadores, máis un complemento para o persoal obreiro de 40 € ao mes.

Para o 2017, a suba pactada fixa 50 € lineais para todo o persoal indefinido e, ademais, a empresa, de capital galego, comprométese a manter a carga de traballo para garantir o actual nivel de emprego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.