Destacados Vigo al día

Vigo sairá á rúa en apoio ás persoas refuxiadas

manifarefuxiados

A cidade de Vigo será este domingo 19 de xuño o escenario dunha das mobilizacións convocadas en distintas localidades galegas pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para denunciar “a política migratoria criminal da Unión Europea”.

A manifestación, que se celebra baixo o lema ‘Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras’, partirá da Doblada ás 11.30 horas e rematará diante do Marco.

Con esta marcha en apoio aos refuxiados preténdese chamar a atención sobre as causas da crise humanitaria que se está vivindo nos últimos meses.

También te puede interesar