Ciencia y Tecnología Galicia

Os coidados que non se ven tamén contan na recuperación hospitalaria

Beatriz-Iglesias-1

A importancia dos coidados invisibles e do seu rexistro na historia clínica dos pacientes. Ese é o traballo desenvolvido pola técnico en coidados de enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro Beatriz Iglesias, que lle valeu o primeiro premio nas III Xornadas Galegas de TCAE sobre humanización de coidados.

Os coidados invisibles son aqueles que non aparecen reflectidos nunha gráfica ou nun historial pero que supoñen unha diferenza no coidado diario do paciente durante a súa estancia hospitalario, coidados que inflúen na súa evolución clónica e axudan a fomentar a autonomía propia do paciente.

A enfermeira propón no seu estudo un proceso para rexistrar na historia clínica todo aquilo susceptible de facer máis agradable a estadía do paciente como o trato, a amabilidade ou o tipo de apoio que necesita, como «manter o contacto táctil e a escoita activa e positiva».

Para darlle visibilidade á humanización deses coidados, Iglesias propón un curso de formación continuada ao equipo de enfermaría, un curso que xa se desenvolveu en dúas ocasións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.