Vigo al minuto

@odscoia convoca este xoves unha concentración en Aqualia para denunciar que hai cortes de auga a familias sen recursos

CkvTxRhWEAAKyUaA Oficina de Dereitros Sociais (ODS) de Coia convoca para este xoves, día 16, ás 11 da mañá, nas oficinas de Aqualia, na rúa Venezuela 4, unha concentración baixo o lema: ‘A auga é un dereito. Os dereitos non se cortan!’, para denunciar que “moitos fogares de Vigo fican sen auga por non poder pagar”.

ODS Coia subliña que “nas últimas semanas o Alcalde e o concelleiro de Fomento declaraban nos medios que en Vigo non había cortes de auga por impago. Isto falan mentres no departamento de Benestar Social, recoñecen que todos os meses dende o Concello se pagan facturas e reenganches de auga de fogares empobrecidos”.

Por iso, aseguran dende esta asociación,volvemos á rúa para berrar que Aqualia segue a facer negocio cunha necesidade básica, sen que o Concello faga nada. Para esixir ao Concello que garanta a subministración a todas as veciñas e veciños”.

Por iso o xoves queren esixir que se fagan públicos os datos dos avisos de corte e dos cortes de auga que se producen na cidade; o “cese inmediato dos cortes de auga por impago” e, por último, a aprobación dunha ordenanza municipal na que se garanta a subministración, por medio dunha exención para fogares sen recursos suficientes: “Quen non ten non paga”.

También te puede interesar