Vigo al minuto

@MareaVigo pide ao Pleno que o 28 de xuño sexa o ‘Día oficial dos colectivos LGTBI’

BanderaO Grupo Municipal da Marea de Vigo ven de rexistrar unha moción ao Pleno do Concello pedindo que o 28 de xuño, ‘Día do Orgullo LGTBI’, sexa considerado en Vigo como día de reivindicación e loita polos dereitos dos colectivos LGTBI

Xose Lois Jácome, que presenta a moción, lembra que “o 28 de xuño de 1968 sucedéronse diversas revoltas na localidade estadounidense de Stonewall para denunciar a criminalización a que estaban sometidas as persoas LGTBI no país, por iso, neste día, se conmemoran reivindicacións que deben ser acollidas por políticas públicas por parte das institucións destinadas a velar polos dereitos destas persoas.”

Para a Marea de Vigo, as fobias cara ás expresións da sexualidade consideradas “diferentes”, lonxe de desaparecer, continúan habitando en aulas, fogares, centros de traballo e ocio, e, por desgraza, tamén nas administracións e servizos públicos.

También te puede interesar