Deportes Vigo al minuto

Once das ‘bañeiras’ de Balaídos xa están retiradas e en 15 días non quedará rastro da vella cuberta do estadio

BalaidosA día de hoxe xa están retiradas 11 das ‘bañeiras’ da cuberta do estadio e a previsión é que estea concluída esa parte dos labores en Tribuna en 10 ou 15 días, segundo adiantou este xoves o alcalde quen subliñou que as obras, que teñen un orzamento de 5 millóns, van “en tempo e prazo”.

Arestora Balaídos ten a metade da cuberta tirada, logo dun labor dificultoso porque cada unha pesa 85 toneladas. Os traballos comezaron na parte inferior da grada de Tribuna baixo Preferencia que se está acondicionando para construír os vestiarios e tamén foron retirados os palcos VIP.

Abel Caballero sinalou que unha vez estea retirada toda a cuberta, iniciarase a montaxe da nova, que implicará o necesario reforzo da estrutura, de forma paralela á montaxe. Nestes momentos, están concluíndo os estudos técnicos previos a esta acción. “A nosa previsión é que a cuberta esta instalada con Tribuna operativa para o inicio de Liga”, avanzou o alcalde, engadindo que despois continuarán as obras en zonas interiores, xa coa competición iniciada, por seren compatibles cos partidos.

También te puede interesar