Cultura

Descubre os segredos literarios e toponímicos de ‘A praia dos afogados’

cartel paseo praia afogados

Cocho das dornas, A Fontaína, A Calzoa, O Vao, Tombo do gato… son escearios nos que Leo Caldas vai vendo como se desenvolve a investigación dun novo asasinato na cidade. Escenarios recollidos na novela de Domingo Villar ‘A praia dos afogados’ polos que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza un novo paseo literario.

A cita será a vindeira semana, o 18 de xuño, cun percorrido literario e toponímico polos areais vigueses ata Panxón, reparando nos nomes tradicionais dos areais vigueses ata chegar a Panxón, á praia da Madarroa e a Monteferro. Xosé Lois Villar será o guía deste paseo toponímico.

A saída será ás 09.30 horas no Concello e, tras facer a ruta en autobús, regresarase ao mesmo punto sobre as 14.00 horas. Cun número máximo de 50 prazas e un custe de 3 euros, os interesados en participar deben chamar ao 986 81 02 81 a partir das 10.00 horas do día 13 de xuño.

 

También te puede interesar