RGPD - Cookies
Galicia

O Concello de Ponteareas, condenado a pagar máis de 200.000 euros por unha obra non saldada en 2006

concello ponteareasO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ao Concello de Ponteareas ao pago inmediato de máis de 203.000 euros máis os intereses legais e os custes procesuais por non saldar unha obra fai 10 anos.

O TSXG desestima así o recurso interposto polo concello á sentencia do 30 de abril de 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2, emitida tras a reclamación dunha empresa de construción tras o impago dunha obra para a mellora dos tramos urbáns nas estradas da localidade iniciadas en xuño de 2006 e que os anteriores gobernos non abonaron a pesar de que a empresa certificara as cantidades.

A empresa argumentou no xuízo que certificara en tres ocasións as obras realizadas por importes de algo máis de 90.000, 52.000 e 127.000 euros.

También te puede interesar