Vigo al minuto

O ‘Atlántico Express’, rumbo a Porto para presentar os sete festivais das Rías Baixas

atlantico express01

A música das Rías Baixas xa viaxa cara terras lusas. O ‘Atlántico Express’ saía puntual esta mañá da estación de Renfe-Guixar de Vigo rumbo a Porto para a presentación dos sete festivais musicais das Rías Baixas, que por primeira vez aglutínanse baixo o mesmo paraugas buscando a unión e a profesionalización destes eventos.

Trátase dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra coa que se busca ofrecer unha oferta turística mesturada coa importante cultura musical da provincia.

atlantico express02Durante a viaxe de ida, os participantes nesta aventura poderán disfrutar da actuación de Best Boy e dunha degustación de produtos gastronómicos das Rías Baixas. Xa en Porto haberá un acto de presentación no local Maus Hábitos, no que se dará a coñecer a xornalistas e touroperadores os sete festivais e o destino turístico Rías Baixas, tamén con música en directo e con degustación de produtos da zona. Ás 19 horas o tren volverá a Vigo coa música de Su Garrido Pombo e The Partisan Seed a bordo.

Sete citas ineludibles

A iniciativa ‘Festivais Rías Baixas, sete citas que non deberás perder’ está integrada polos eventos musicais Cultura Quente, en Caldas de Reis (24 e 25 de xuño); Atlantic Fest, na Illa de Arousa (do 1 ao 3 de xullo); PortAmérica, en Nigrán (15 e 16 de xullo); SinSal Son Estrella Galicia, en Redondela (do 22 ao 24 de xullo); SonRías, en Bueu (do 4 ao 6 de agosto); O Marisquiño, en Vigo (de 12 ao 14 de agosto) e Revenidas, en Vilagarcía de Arousa (do 19 ao 21 de agosto).

Son festivais que presentan unha ampla variedade de estilos musicais para todos os públicos, mesturando, por exemplo, o universo europeo co iberoamericano e engadindo experiencias turísticas e gastronómicas de toda a provincia de Pontevedra, demostracións de cultura urbana e deportes de acción, así como impulsando grupos musicais emerxentes e actuacións de artistas nacionais e internacionais consagrados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.