Galicia

A Xunta doa cestas alimentarias para os refuxiados de Palestina

palestina

Xunta de Galicia e a Axencia de Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina, a UNRWA, acaban de asinar un convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto ‘Contribuíndo á supervivencia da poboación refuxiada palestina a través de artigos alimentarios’.

O obxectivo deste proxecto é reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, no que a Xunta colaborará coa provisión de 216 cestas alimentarias. O importe destinado ao proxecto é de 20.000 euros.

A Xunta colabora con esta Axencia das Nacións Unidas dende o 2010, apoiando diversos programas de compensación alimentaria familiar para reducir o impacto do bloqueo sobre as familias refuxiadas máis necesitadas. Entre 2010 e 2016 a Xunta ten achegado case 160.000 euros para colaborar nestas actuacións.

 

También te puede interesar