RGPD - Cookies
Comarcas

Un millón de euros para melloras en 9 concellos

36079_NpAdvHover

A Deputación de Pontevedra ten previsto investir case un millón de euros para diferentes melloras en nove concellos da provincia, (Barro, O Grove, Marín, Forcarei, Moraña, Vila de Cruces, Vilaboa, Tui e Mos).

O concello de Barro recibirá case 63.000 euros para a mellora dos accesos á fonte de Curro e Porráns, mentres que o concello do Grove beneficiarase de case 68.000 euros para o proxecto técnico do Auditorio e a Escola de Música, Marín case 177.000 euros para a reposición de pavimentos en camiños do rural e Forcarei outros 80.000 para a pavimentación da vía municipal do cemiterio de Meavía.

Por  outro lado, en Moraña investiranse uns 124.000 euros na senda peonil da Alberguería a Santa Margarita e Vila de Cruces 63.521 para a mellora do camiño entre Barral e Fontarcada e o muro de contención de Outeiro.

A Vilaboa destinaranse case 61.000 euros na reparación de fochancas en pistas municipais, a Tui 127.000 para a adquisición dun vehículo para os servizos municipais e para a restauración do palco da música do Cantón de Diomedes e ao concello de Mos 200.000 euros para a humanización do Camiño das Pozas entre San Mauro e o pavillón multiusos municipal.

También te puede interesar