Ciencia y Tecnología

Instagramers británicos para ‘vender’ Galicia

Foto: Franklin Heijnen
Foto: Franklin Heijnen

Un grupo de dos mellores instagramers británicos especializados en viaxes e turismo, que suman máis de 133.000n seguidores na rede, visitarán Galicia para difundir os valores turísticos galegos.

Estes expertos chegarán este xoves á Coruña, onde permanecerán ata o vindeiro 5 de xuño. Durante a súa estadía visitarán diferentes lugares de toda a comunidade e probarán a gastronomía e enoloxía galega.

Con preto de 9.000 viaxeiros aloxados e 21.200 pernoitas hoteleiras, os turistas británicos sitúanse en quinto lugar no ranking de principais mercados estranxeiros.

Non será a única visita de expertos internautas. Continuando coa promoción da comunidade como destino internacional, Turismo de Galicia ten previsto celebrar en 2016 ata 15 viaxes de familiarización e presstrips que achegarán a Galicia xornalistas e bloggers de Italia, Alemaña, Irlanda, Inglaterra, Xapón e Canadá, entre outras procedencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.