RGPD - Cookies
Comarcas

O pregón de Roi Groba dá o pistoletazo de saída ao Corpus en Ponteareas

corpus ponteareas pregon

Un auditorio ateigado de veciños para presenciar o pistoletazo de saída ás festas do Corpus de Ponteareas, o pregón, este ano a cargo do xornalista e presentador de RTVE Roi Groba, con vínculos familiares na vila. O xornalista repasou a súa relación con Ponteareas, á que «nunca terminei de chegar, pero tampouco nunca me fun», xa que os seus pais emigraron a Madrid e que retornaban a pasar uns días a súa terra á menor oportunidade.

O xornalista tamén quixo loar as bondades do Corpus pontareano e das súas alfombras de flores, a súa tradición e a súa importancia social e cultural como elemento de orgullo e unión, un «milagre» capaz de «poñer en común a propios e estraños» grazas a «ese esforzo colectivo tan difícil de acadar en calquera outra encomenda». Especial dedicación para as mulleres, as encargadas de 2pulir a materia prima coa que engaiolar aos visitantes», polo que suxeriu á corporación municipal que se escollan máis mulleres como pregoeiras en vindeiras edicións.

También te puede interesar