Deportes

Galicia, prata por equipos en técnica e freestyle

taekwondo open andalucia

Novos éxitos da selección galega de taekwondo. Esta fin de semana o equipo acadou medalla de prata por equipos tanto na modalidade de técnica como de freestyle no Open de Andalucía, competición clasificatoria para o Mundial.

Así, en técnica o podio dos equipos estivo formado por Madrid en primeiro lugar, Galicia en segundo e Andalucía en terceiro. En total foron 7 ouros, 2 pratas e 6 bronces. En freestyle o podio por equipos completouno a selección andaluza e a madrileña. A nivel individual os deportistas galegos conseguiron 2 ouros, 3 pratas e 2 bronces.

También te puede interesar