Ciencia y Tecnología

@depo_es asegura que paga aos seus provedores antes do prazo de 30 días que marca a lei

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

Segundo ven de asegurar nunha nota, a Deputación de Pontevedra pagou aos seus provedores, nos catro primeiros meses de 2016, antes do prazo determinado pola lexislación vixente, que establece o límite de pago en 30 días naturais desde a presentación das facturas.“O goberno provincial cumpre así o seu obxectivo de optimizar e axilizar os traballos de pagamento a provedores, polo que nestes meses ten reforzado o persoal do Servizo de Intervención dedicado a estas tarefas”.

Os datos relativos ao mes de abril de 2016 indican que a Deputación de Pontevedra pagou aos seus provedores dez días antes do prazo fixado: no mes de marzo o pago fíxose catro días antes, seis días antes no mes de febreiro e catro días antes no mes de xaneiro.

A institución provincial cumpre así “folgadamente” cos requisitos marcados pola Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira e polo Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo “polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas, que fixan o límite de pagos en 30 días naturais dende a presentación das facturas”.

También te puede interesar