Galicia Sucesos

Rescatan en bo estado a dúas persoas que caeron á mar fronte a costa de Oleiros

Garda CivilMembros da Garda Civil rescataron este sábado pola maña a dúas persoas que caeron ao mar logo de que envorcase a súa embarcación fronte a costa do concello coruñés de Oleiros. Segundo fontes de Emerxencias, o accidente tivo lugar este mediodía: un veciño deu aviso ao 112 alertando de que estaba vendo a dúas persoas que pedían axudas e que caeron á auga.

Ata o lugar do sinistro desprazouse a nave Salvamar Mirfak de Salvamento Marítimo, o Helimer 209, Gardacostas de Galicia e efectivos da Garda Civil, que rescataron ás dúas persoas que, finalmente, non precisaron asistencia médica.

También te puede interesar