Galicia

Denuncian a falta en Vigo dunha área de hospitalización en saúde mental para menores

salud mentalHai un ano que se anunciaba a posta en marcha dunha Unidade de Hospitalización de Saúde Mental para poboación infantil e adolescente con seis prazas no que ía ser o novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, para dar servizo ás provincias de Pontevedra e Ourense. Sen embargo, o Movemento Galego de Saúde Mental denuncia que ese servizo aínda non está en marcha e que a única unidade deste tipo existente en Galicia, a do Hospital Clínico de Santiago, é insuficiente e ten un equipo asistencial incompleto.

Como consecuencia da falta de esta unidade específica, dende o Movemento lamentan que os menores teñan que ser ingresados en habitacións da Unidade de Hospitalización de Adultos e que teñan que ver restrinxida a saída do seu cuarto para evitar que compartan espazo con pacientes adultos.

Dende esta organización aseguran que estas unidades específicas de saúde mental en réxime de hospitalización para menores de idade “é unha esixencia legal de obrigatorio cumprimento dende o ano 2000″ e que Galicia ten “un atraso intolerable” na súa creación extensible a toda a atención de saúde mental da infancia e adolescencia.

Segúndo o Movemento, a comunidade galega carece dun plan específico, limita á baixa a idade de acceso aos servizos, non ten hospital de día e as unidades ambulatorias están sobrecargadas, dispoñendo de ata a quinta parte de psicólogos clínicos e a terceira de psiquiatras especializados en menores que noutras comunidades autónomas.

También te puede interesar