Cultura Galicia

Galicia recorda a Manuel María no Día das Letras Galegas

manuel mariaGalicia rinde hoxe homenaxe non só a un dos seus poetas máis extensos, senón tamén a un dos expoñentes do activismo político dos anos 60. Manuel María é o protagonista do Día das Letras Galegas, un lucense que dende ben novo soubo representar a conciencia de Galicia, a súa dimensión cultural e popular, o seu apego pola terra e as súas xentes.

Nado en Outeiro de Rei en 1929, en 1950 publica o seu primeiro poemario, ‘Muiñeiro de brétemas’, o primeiro libro en galego tras a Guerra Civil. Cunha importante conciencia política, nos anos 60 e 70 participou na organización de partidos políticos nacionalistas na clandestinidade e chegou a ser elixido concelleiro de Monforte polo BNG.

Entre os seus poemarios detacan ‘Terra Chá’ (1954), ‘Mar maior’ (1963), ‘Cancións do lusco ó fusco’ (1970), ‘Poemas ó outono’ (1977), ‘Escolma de poetas de Outeiro Rei’ (Xerais 1982), ‘Compendio de orballos e tristezas’ (1991) ou ‘Poemas a Compostela’ (1993). Obras que van do existencialismo a un pesimismo radical cara unha poesía que racha tanto no formal como na súa temática con esa liña subxectiva para comprometerse coa realidade social e con Galicia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.