RGPD - Cookies
Comarcas

David Amor pon a salsa a 30 anos «dunha festa ben feita»

16

«A Redondela non vén calquera, só hai que ver a autopista. Vigo a Morrazo gratis, pero se queres vir a Redondela pagas. Aínda hai clases». Así bromeaba o humorista David Amor durante o pregón da Festa do Choco, que ao longo da xornada de hoxe congrega a miles de persoas para degustar «un produto típico da zona».

Para o actor foi «un orgulllo estar hoxe aquí, nunha edición tan especial, xa que van 30». «Esta é unha festa ben feita. Porque en Galicia somos de moito comer: se hai 315 concellos, hai 310 festas gastronómicas pero non hai tanto produto típico», salientou Amor, quen bromeou que en algúns sitios «calquera día fan a festa do yogur de Yoplay».

01

Arroupado por autoridades e numeroso público, o actor asegurou que as festas gastronómicas «ou están ben asentadas como esta ou poden chegar a facerse moi á lixeira». «O choco é un produto tan auténtico, tan bo e tan ben coidado na comarca… vale para todo: para comer choco con arroz, para aperitivo empanada de choco, para almorzar chococrispies…», comentou provocando as risas do público.

Bromas aparte, este ano a Festa do Choco conseguiu congregar a un numeroso e variado público. Como un grupo de peregrinas procedentes de Singapur que comezaron o Camiño de Santiago dende Fátima e que chegaron madrugadoras á carpa da alameda de Redondela para degustar os mellores produtos. Xa aseguraron que Vigoalminuto as acompañará o resto do camiño.

14

Esta triséxima edición remata hoxe de novo con éxito de público. A organización calcula que máis de 30.000 persoas pasarán ata última  hora de esta tarde, cando pechen as portas, pola carpa onde se celebrou a festa e polo tradicional mercadillo que se coloca ao longo da alameda.

47Un dos atractivos da xornada foi o pregón do humorista e actor nacido en Salceda de Caselas,  pero non foi o único. Obradoiros e xogos para menos e nenas, música, diversión e a mellores carta para comer desafiaron ao mal tempo e conseguiro sacar sos visitantes de Redondela e arredores da súa casa.

 

También te puede interesar