Vigo al minuto

Máis de 200 locais participan na terceira ruta de tapas de As Travesas

petisquiño

Máis de 200 locais comerciais de As Travesas participan desde este venres ata o vindeiro 22 de maio na terceira edición do Petisquiño, una ruta de tapas que aposta pola economía e polo pequeno comercio ao tempo que aboga pola calidade, o bo prezo e a proximidade.

Unha vintena de locais de hostalaría e máis de 200 comercios darán vida a este roteiro de pinchos no que se poderá participar ou ben directamente solicitando as tapas nos bares a un prezo de 1,80 cada unha, ou ben facendo compra nalgún dos máis de 200 comercios adscritos ao programa. Deste xeito, o comprador recibirá un bono que lle permitirá tomar tres tapas a un prezo de 1 euro por unidade. Ademais, poderá participar nun sorteo dunha fin de semana no Hotel Talaso Atlántico de Oia.

Este evento forma parte dun gran calendario de rutas de tapas promovido polo Concello que se van ir organizando en Vigo ao longo de todo o ano, sen que coincidan as datas. Por primeira vez, elaborouse unha axenda anual coordinada entre restauración, hostalaría e comercio dos distintos barrios da cidade.

También te puede interesar