RGPD - Cookies
Destacados

«O PSOE debería estar máis preocupado de loitar contra o partido podre que de que o adiante a esquerda»

beirasO líder de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, asegurou aos medios durante a súa participación na manifestación do Primeiro de Maio en Vigo que o PSOE debería estar máis pendente de «recuperar o seu proxecto e a política social demócrata» que de aferrarse a «un réxime que está en fase terminal, que os levará a caer con eles».

Deste xeito referíase ao pacto do líder socialista nacional, Pedro Sánchez, con Ciudadanos, «un pacto co pseudo apodo do PP» que os levou a «dar un espectáculo lamentable estes tres meses nas Cortes  porque falar de cambio impoñendo un acordo do partido de ‘Alberto Primo de Rivera’ foi i que frutroi o intento de botar fóra aos podres e comezar a reconstruír o país como se saisemos dunha guerra, incluso con bombardeos que destruíron o tecido industrial….». Referíndose á situación en Vigo, o político asegurou que «mal síntoma é se Abel Caballero e compañía están máis preocupados de que non o adiantemos os que estamos a súa esquerda e non de tender a man para loitar contra o partido podre».

Referíndose á conmemoración do Primeiro de Maio, Beiras asegurou que «os octogenarios continuamos facendo a camiñata das manifas en actos que teñen máis importancia que nunca porque a clase traballadora está sendo convertida en esclavos». «Hai que contribuír á mobilización e á rebelión cívica das clases traballadoras», salientou.

También te puede interesar