Deportes

Galicia, gañadora por equipos no Campionato de España Cadete

taekwondo01

Galicia acadou onte en Valencia a primeira posición na clasificación xeral por equipos no Campionato de España Cadete, tras lograr o primeiro posto na clasificación xeral masculina e o segundo na feminina. Ademais, na categoría sub 21, Galicia foi terceira na categoría feminina.

Uns resultados magníficos dos deportistas galegos nunha longa xornada de competición. Así, na categoría cadete masculina Galicia sumou un total de 5 ouros, 5 pratas e 4 bronces; na categoría feminina houbo 2 ouros, 2 pratas e 3 bronces; e na categoría sub 21 un total de 11 medallas (dous ouros, 4 pratas e 5 bronces) e o terceiro posto na clasificación xeral por equipos femininos. Nesta ocasión os ouros eran especialmente importantes, xa que garantían a súa clasificación para a participación no Europeo da categoría.

taekwondo02

También te puede interesar