Vigo al minuto

A Universide de Vigo terá a súa sede institucional no Berbés en 2018

Universidade de Vigo e Xunta de Galicia asinaron hoxe o convenio para a construción e desenvolvemento da nova sede institucional universitaria na praza do Berbés, previsto para 2018. Será un espazo para promover a investigación, os intercambios e as sinerxías co tecido empresarial, cultural e social da cidade nun edificio con espazos polivalentes situado en pleno Casco Vello.

universidad berbes02A Xunta achegará 2 millóns de euros para a rehabilitación dos números 11, 13 e 15 da praza do Berbés, 1.500 metros cadrados nos que se instalará por exemplo aulas do Centro de Linguas, o Programa de Maiores, un espazo de coworking ou actividades culturais e de investigación e innovación. O proceso comezaba en setembro de 2014 coa cesión gratuíta do dereito de superficie por parte do Consorcio do Casco Vello durante os próximos 40 anos.

A sinatura deste convenio coincidiu coa publicación este venres no Diario Oficial de Galicia do anuncio de procedemento aberto para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra do edificio. En 16 meses, a Universidade de Vigo podrá ter «a súa sede institucional na porta de entrada de Vigo», como salientou o reitor, Salustiano Mato.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.