Galicia

Vigo acollerá a manifestación central da CIG do 1º de Maio

cig1maio

Un ano máis Vigo acollerá a manifestación central de todas as convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) para conmemorar o 1º de Maio. Nesta manifestación, que partirá do cruce da Doblada ás 12.00 horas e rematará na Porta do Sol, a principal reivindicación será reclamar a derogación das reformas laborais e da lei Mordaza aprobadas por PP e PSOE.

Para este sindicato, as sucesivas reformas laborais aprobadas deron paso á precarización, ao recorte de dereitos e ao empobrecemento dos cidadáns, xa que «máis do 90% dos empregos que se crean nestes intres son precarios». En canto a Vigo, reclaman unha aposta real «pola reactivación dos nosos sectores produtivos, como o naval, a automoción, a pesca ou a construción, verdadeiros motores económicos da comarca, xa que nos atopamos con que o único emprego que se crea é estacional e ligado ao sector servizos; imos camiño do monocultivo económico e precisamos diversificación”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.