Cultura

Diplomáticos de Monte-Alto e Novedades Carminha, concertos estrela no Festival de Cans

torreiro cans

Todo preparado para gozar do agroglamour do Festival de Cans entre o 21 e o 24 de maio, incluída a música que amenizará boa parte da festa. Os Diplomáticos de Monte Alto serán os protagonistas do día grande do festival cun concerto o vindeiro 21 de maio (00.30 h) no que prometen actuacións sorpresa de amigos convidados polo grupo coruñés, que cumpre 25 anos sobre os escenarios e que estrearán en Cans en exclusiva o seu novo videoclip.

O cantante do grupo, Xurxo Souto, recibirá este ano ademais o Chimpín de prata (Premio Pepe Puime) polo “amor a primeira vista” que demostrou con Cans e pola súa especial relación coa aldea, organizando cada ano o roteiro CanSonoro, no que implica aos veciños coa súa música e as súas historias.

O Torreiro de Cans tamén recibirá por primeira vez a Novedades Carminha, un grupo moi solicitado nas carteleiras de todos os festivais que traerá novo disco baixo o brazo. A estes concertos hai que sumarlles os de Mercedes Peón e Janet Novás no novo Jaliñeiro Arena, o concerto sorpresa que terá lugar no noso Espazo Mahou da Leira de Alicia, ou as actuacións de Delafé, Joao Tomba, De Vacas e DJ Shy Boy. Perfílase así, unha programación musical que terá un total de máis de 20 actuacións e 30 horas de música para non parar de bailar e mover o corpo entre proxección e proxección.

También te puede interesar