Destacados Vigo al minuto

O Casco Vello ten un novo inquilino

enntrega llaves casco velloNova firma de escritura e entrega de chaves no casco histórico. O Consorcio Casco Vello acaba de entregar unha nova vivenda, que formaba parte do sexto sorteo realizado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.

Ésta semana o novo propietario xa asinou a escritura de compravenda e a hipoteca dunha vivenda de protección autonómica situada na rúa Ferrería. A vivenda conta cunha superficie de 55,44 metros cadrados e un prezo de 80.388 euros sen IVE.

A día de hoxe, o IGVS sorteou xa 82 VPA que formaron parte dun total de 6 fases con distintas promocións de inmobles. Con este novo piso son xa 76 vivendas as entregadas dende a posta en marcha do proceso de compravenda de inmobles mentres que, no que levamos de ano, foron 6 pisos os entregados aos seus propietarios.

También te puede interesar