Cultura Vigo al minuto

Vigo debate sobre a crise humanitaria ás portas de Europa

fotos ponentes

A Agrupación local de Esquerda Unida en Vigo celebrará este martes 5 de abril un videoforum con charla e debate sobre a ‘Crise humanitaria ás portas de Europa’. O acto, que terá lugar no Paraninfo do antigo Reitorado da Universidade na rúa Oporto (19.30 h), pretende converterse nunha xornada de solidariedade coas persoas migrantes e refuxiadas.

cartaz refuxiadas VIGOO videoforum contará coa participación de Xabier Ron, deputado de Alternativa Galega de Esquerda e membro da executiva nacional de Esquerda Unida, gran activista pola defensa dos dereitos humanos e colaborador permanente de asociacións de solidariedade internacional. Tamén estará presente Nour Al-Hussen, activista e politóloga galegasiria dominadora da xeopolítica do mundo árabe e voz incansable das súas compatriotas silenciadas. Por último, contarase coa presenza co voceiro do Foro Galego da Inmigración, Miguel Fernández, que contará os eixos principais da súa organización e os proxectos e espazos nos que se está a traballar.

O acto comezará co visionado dun breve documental feito polo xornal dixital eldiario.es titulado ‘Las muertes de Ceuta’, que servirá como introducción ás ponencias da mesa. Tras as charlas, participación aberta de todos os asistentes nun debate no que participarán activistas e colaboradores permanentes con colectivos migrantes, algún recentemente chegados das zonas quentes de conflito.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.