Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

As luces do Concello e de varias fontes e edificios municipais apagadas o sábado pola ‘Hora do Planeta’

Hora do PlanetaO Concello iluminará, o vindeiro día 21, con luces azuis, coincidindo co Día Mundial da Síndrome de Down, as fontes da rúa Aragón, unha petición feita pola asociación viguesa para reivindicar os dereitos das persoas que conforman este colectivo. A iluminación de varios edificios municipais, fontes e rúas permanecerá apagada este sábado para concienciar sobre a necesidade do aforro enerxético.

O Concello de participará na Hora do Planeta, unha campaña de ámbito internacional desenvolvida polo Fondo Mundial para a Natureza, que supoñerá o apagado das luces de varios edificios e rúas entre as 8 e media da tarde e as 9 e media da noite, deste sábado 19 de marzo.

Durante unha hora permanecerán apagadas as luces do Concello, na Praza do Rei, as da fachada do edificio Municipal do Areal e o entorno, así como as da fonte da Praza de España, a fonte e a pérgola da rúa Aragón e a fonte da Gran Vía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.