RGPD - Cookies
Galicia

A CIG convoca manifestacións este xoves, 10 de marzo, baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”

CIG221Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas (Vigo:20:00 h. dende A Doblada) baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”. A central sindical denuncia que o obxectivo destas contrarreformas era, e así se evidenciou, precarizar as condicións laborais para favorecer o incremento de beneficios para as empresas e dotarse da lexislación necesaria para reprimir a contestación social a esas medidas antiobreiras e antisociais. Por iso, e atendendo aos resultados das eleccións do 20-D, neste 10 de Marzo, a CIG exixe a súa inmediata derrogación.

O secretario xeral da central, Suso Seixo, explica que coa reforma laboral “o que se fixo foi facilitar o despedimento, provocar unha caída xeneralizada de salarios, incrementar a contratación temporal e a contratación a tempo parcial -que leva aparellada unha escandalosa nivel de fraude- para incrementar o máximo posíbel os beneficios das empresas”.

Seixo subliña que isto viu acompañado dunha política represiva a través da ‘Lei Mordaza’, que “realmente é un instrumento máis da administración, neste caso do PP, para reprimir calquera tipo de movemento e contestación social ás políticas antiobreiras e antisociais do PP”.

También te puede interesar