Comarcas

@depo_es impulsa ‘Cinema e Muller’ para dar visibilidade ás 70 realizadoras que traballan na provincia de Pontevedra

CinemaA presidenta da Deputación salientou este luns, na presentación do proxecto “Cinema e Muller”, a súa importancia para a visibilidade do traballo das 70 mulleres que traballan no mundo do cine na provincia.

Carmela Silva subliñou que “Galicia está de moda e nunha das cousas que máis destaca é no cinema pero sempre aí un pero, e neste caso, o pero son as mulleres cineastas, editoras ou guionistas da nosa provincia” . Por iso xustificou a necesidade deste proxecto “Cinema e Muller” porque “dende a Deputación un dos nosos traballos máis importantes é dar visibilidade a todas as mulleres e máis nun sector, onde sempre é moi difícil abrirse paso”.

Silva, xunto as cineastas Xisela Franco, Beli Martínez e Eva Calvar, presentaron no Museo de Pontevedra o proxecto no que nun primeiro momento fíxose un traballo de campo para a localización das setenta mulleres que se adican na provincia de Pontevedra ao cinema. De entre elas elixiuse a 10 que realizarán curtametraxes que posteriormente deron forma a unha película colaborativa. As dez elixidas son: Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Mendez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo, Claudia Brenlla.

Esta película vai ser proxectada o venres 11 de marzo, ás 6 e media da tarde, e sábado 12 de marzo ás 7 e media, no auditorio do Museo de Pontevedra. E en Vigo o luns 14 e martes 15 de marzo no auditorio de Concello.

Ademais, o proxecto contempla unha web na que se recolle os perfís das 70 mulleres cineastas da provincia e unha serie de charlas sobre o traballo destas creadoras.

A presidenta da Deputación quixo agradecer o traballo feito por Xisela Franco na localización e a clasificación das 70 mulleres da provincia. “Queremos que este proxecto –sinalou Carmela Silva- teña continuidade. Queremos que as mulleres creativas da provincia teñan o seu espazo e queremos que as pontevedresas sexan grandes directoras, guionistas e produtoras“.

Neste senso, Carmela Silva, subliñou que o Museo de Pontevedra ten un papel moi importante “para que sexa un referente do que acontece no mundo da cultura na nosa provincia e de toda Galicia“.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.