'Qué te cuentas?'

Os datos da Axencia Tributaria indican que a metade das galegas que traballan viven por baixo do limiar da pobreza

Mulleres-traballadorasSegundo un estudo presentado este luns pola Confederación Intersindical Galega (CIG), máis de 280.000 mulleres galegas, preto da metade de todas as que traballan, están por debaixo do limiar da pobreza.

Dacordo cos datos da Axencia Tributaria, un 36% das asalariadas, 162.484 en total, non cobran o salario mínimo interprofesional -655 € mensuais- e 120.000, preto do 45% das que están paradas dende hai máis de dous anos, non perciben prestación algunha.

Margarida Corral, secretaria de Muller da CIG, denunciou que a situación da muller no mercado de laboral galego pode definirse cunha palabra: “precariedade”. Corral advertiu que a crise creou un novo modelo social os dos ‘pobres laborais’: persoas que teñen traballo pero que non cobran o suficiente para superar o limiar da pobreza.

A CIG alerta de que a situación laboral de homes e mulleres tende a “igualarse por baixo” por mor da precarización, ainda así,  hai unha diferencia grande entre os dous sexos en canto a salario, mentres que elas cobraron o ano pasado unha media de 15.500€ anuais, os homes percibiron algo menosde 20.000€.

También te puede interesar