Deportes Vigo al minuto

Sorte dispar para os equipos galegos que disputarán a Copa da Raiña de Balonmán o vindeiro mes de abril no Porriño

Sorteo PorriñoImágenes:vigoalminuto.com/Emocionante sorteo da Copa da Raíña, que se disputará no concello do Porriño entre os días 15 e 17 de abril, e sorte dispar para os representantes galegos: O BM Porriño enfrontarase ao actual campión da Copa, O Rocasa Gran Canaria, mentres que o Atlético Guardés xogará contra o Logroño Sporting La Rioja, primeiro equipo da División de Prata que logra meterse na fase final da Copa da Raíña.

O acto, presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, retransmitido en directo por streaming, foi  sinxelo e emocionante. No mesmo participaron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera; o presidente da Real Federación Española de Balonmán, Francisco V. Blázquez, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Lois Pérez Ouro; Begoña Fernández (ex-xogadora internacional) e Mari Godoy (xogadora do BM Porriño).

O primeiro cruce en saír foi o de Clínicas Rincón Málaga e Prosetecnisa Zuazo, das mans do presidente da Española e a alcaldesa do Porriño. Posteriormente, os invitados en extraer as bolas foron o secretario xeral para o Deporte e o presidente da Galega e a eles lles correspondeu sacar o choque estrela dos cuartos de final: O actual campión do Copa e líder da Liga, Rocasa, enfrontarase ao equipo anfitrión, o BM Porriño. Durísimo choque para as galegas, que contarán co apoio do seu público.

Os outros dous cruces foron realizados polas xogadoras Begoña Fernández e Mari Godoy,. E aquí houbo máis sorte para o Guardés, que se enfrontará ao equipo máis frouxo (a priori) da competición, o Logroño Sporting La Rioja. E o último cruce será o Alcobendas-Bera Bera, de xeito que, tal e como discorreu o sorteo, podería haber final galega.

O presidente da Federación Galega destacou o entendemento das administracións cando “falamos do mesmo. Se falamos de balonmán ímonos entender con total seguridade”. Ademais asegurou que a celebración da Copa no Porriño “é un premio que se merece o balonmán galego”.

O presidente da Española destacou o magnífico traballo da Federación Galega de Balonmán sinalando que “para que toque un premio, primeiro hai que xogar y a Galega xoga moito para acadar este premio”. Blázquez manifestou que “o Porriño vai pasar a historia porque se celebrará por vez primeira a minicopa, polo que podemos gozar co xogo das maiores e das cadetes”.

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte pensa que “neste caso a lotería non ten nada de azar, ten que ver como traballo e o talento de moita xente”. Destacou o momento doce do balonmán galego e expresou o seu desexo de “ter por vez primeira un equipo galego nunha final de Copa.

Foto PorriñoA alcaldesa do Porriño, que pechou o acto,  expresou a súa seguridade en que esta Copa será unha boa inversión, pero non só polo retorno económico e a proxección da imaxe da vila, “sobre todo porque é un investimento en valores, nunha forma de vida. O deporte transmite capacidade de sacrificio, de superación e todo iso forma o carácter dunha persoa. Por iso sempre está ben investir en deporte”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.