Galicia Sucesos

Baltar, acusado tamén de acoso sexual

Manuel Baltar (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com
Manuel Baltar (Arquivo)/Foto:vigoalminuto.com

Acoso sexual. Este é o novo cargo ao que ten que enfrontarse o presidente da Deputación de Ourense logo de que a xuiza desestimase o recurso do seu avogado para que a causa aberta contra Manuel Baltar fose arquivada.

No auto, a maxistrada mantén aberta a causa por suborno e tráfico de influencias- ademáis de acoso sexual- logo da denuncia presentada por unha veciña da capital ourensá- que tamén está citada como imputada e perxudicada- contra o presidente organismo provincial ao que acusa de prometerlle un traballo no mesmo se mantiña relacións sexuais con él.

A xuiza sinala que das gravacións de voz achegadas pola denunciante despréndese que Baltar «solicita ou cando menos acepta un favor de natureza sexual» a cambio dun posto de traballo na institución provincial.

No mesmo escrito a maxistrada dinala que para que haxa suborno e tráfico de influencias exíxese «conduta puníbel do particular», neste caso a denunciante, «que entrega retribución -ou favor de natureza sexual- á autoridade ou funcionario público -o presidente da Deputación- para realizar un acto contrario aos deberes do seu cargo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.