Vigo al minuto

Vigo rende homenaxe á axente de policía Vanessa Lage poñéndo o seu nome á antiga Travesía de José Antela Conde

O alcalde e o paí de Vanessa no acto de inauguración da rúa que lembra á axente asasinada na cidade
O alcalde e o paí de Vanessa no acto de inauguración da rúa que lembra á axente asasinada na cidade

Vigo  rendeu este venres homenaxe a Vanesa Lage co descubrimento da placa que dá nome á antiga travesía José Antela Conde e que se incorpora ao rueiro vigués co nome da policía falecida en acto de servizo durante un atraco a unha sucursal bancaria en novembro do ano 2014.

No acto de recordo á súa figura e valor, presidido polo alcalde, estiveron presentes varias autoridades como o director xeral da Policía Nacional, Ignacio Cosidó, o comisario da Policía Nacional de Vigo, José Muñoz, o delegado do Gobierno en Galicia, Antonio Villanueva, o subdelegado do Goberno en Ponteveda, Antonio Coello e o pai da axente falecida, Juan Lage así como representantes de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado.

Abel Caballero sinalou que o acto é a “homenaxe de Vigo a Vanessa Lage, quen deu a súa vida pola cidade e forma xa parte dela” e unha mostra de “recordo, proximidade e emoción” en recoñecemento a Vanessa e a toda a Policía Nacional que vela pola seguridade cidadá e o “noso cariño á súa familia”.

También te puede interesar