Vigo al minuto

Marea de Vigo propón un transporte metropolitano financiado nun 51% pola Xunta, 25% por Vigo e 24% polo resto dos concellos

AtsaMarea de Vigo valorou este martes a xuntanza mantida polos 14 concellos principais da futura área como «esperanzadora» e celebra que haxa consenso en que a actual lei é insuficiente e ten que ser amplamente modificada e dotada de orzamento e claridade no reparto competencial asumido por parte das administración públicas

Marea de Vigo considera necesario o acordo do transporte interurbano e como integrar os traxectos que afecten dentro do mesmo ao transporte urbano de Vigo e mesmo defende artellar dende xa os traballos para que o novo prego concesional ao rematar a concesión en 2019 teña xa partes específicas do transporte metropolitano.

Nos vindeiros días, Marea aportará a súa proposta ao plan de transporte que deseñe a futura Área Metropolitana, que pasaría por un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% polo Goberno de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da Área. Para a Marea así se solventarían os problemas de financiación do servicio xa que a maior parte da financiación sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.