Deportes

Aberta a inscripción para o Campus Joe Arlauckas-Tui

Cartel Campus Joe Arlauckas-Tui 2016O Campus Joe Arlauckas-Tui volverá abrir as súas portas entre os días 4 e 9 de xullo de 2016, ambos inclusive, datas nas que volverá estar en Tui o estadounidense Joe Arlauckas, director do Campus i ex xogador da NBA e do Real Madrid.

A organización do Campus conta coa colaboración e asesoramento de Moncho López, ex seleccionador de España, Portugal e Angola, na actualidade é adestrador do FC Porto. “Nesta edición volveremos contar con un staff técnico de auténtico luxo, ademáis contaremos coa presenza de adestradores de primeiro nivel, así como tamén recibiremos a visita de varios xogadores ACB que departirán as súas experiencias deportivas cos participantes do Campus”.

O Campus está enfocado para xogadores de baloncesto nados entre os anos 1997 e 2004, que buscan unha mellora física e técnica, ao tempo que comparten experiencias e adestramentos con outros xogadores xa profesionais.

Polo Campus teñen pasado xogadores que xa debutaron nas ligas ACB, LEB Ouro, LEB Prata, EBA, Liga portuguesa e na NCAA americana. Xogadores que fan que este Campus de baloncesto de Tui sexa un referente nacional e internacional.

As inscricións para esta edición 2016 xa están abertas e poden facerse online na seguinte páxina www.campusjoearlauckastui.com , onde ademais atoparán toda a información que precisan sobre o Campus.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.