Comarcas Vigo al minuto

O Goberno de Galicia pagará o mes que ven 782.000 € aos afectados pola #PLISAN

Inicio das obras da PLISAN/Foto:vigoalminuto.com
Inicio das obras da PLISAN/Foto:vigoalminuto.com

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria pola que a Xunta aboará a mediados do vindeiro mes de febreiro 782.000€ aos propietarios de terreos afectados pola Plafaforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN). As datas para o levantamento das actas de pago serán os días 15, 16, 22 e 23 de febreiro.

En total pagaranse 781.964,16€  aportados polas tres administracións actuantes en función do seu porcentaxe de participación na actuación: Autoridade Portuaria de Vigo (60,580%), Consorcio da Zona Franca de Vigo (21,125%) e Instituto Galego da Vivenda e Solo (18,295%).

Na actualidade, a PLISAN atópanse en execución os traballos da primeira fase dos servizos xerais, obras que foron iniciadas no pasado mes de outubro de 2015, cun orzamento de 13,5 millóns de euros.

Asemade, estanse a realizar os traballos técnicos previos á licitación das obras de construción das estacións depuradora e potabilizadora de augas (EDAR e ETAP), para garantir estes servizos ás empresas que se establezan. Estas actuacións contarán cunha achega próxima aos 6,4 millóns de euros.

As obras da EDAR e a ETAP, o mesmo que as obras de urbanización interior da zona Loxística-Empresarial, licitaranse en 2016, ano no que tamén se iniciará a comercialización do solo empresarial da PLISAN, nunhas condicións vantaxosas para as primeiras empresas interesadas en asentarse na mesma.

También te puede interesar