Cultura Vigo al día

Vigo recibirá 2016 dende as 11 da noite do xoves, na Praza de América, con festa ata a madrugada

plaza_americaO alcalde invitou este martes a todos os vigueses e viguesas a achegarse á Praza de América desde as 11 da noite do 31 de decembro para celebrar a chegada do novo ano. Con reparto de uvas de balde, Concello, coa colaboración dos comerciantes de Travesas, organiza unha festa na que se agardan entre 5.000 e 10.000 persoas.

Caballero salientou que logo da chegada de 2016, pasadas as badaladas de medianoite, empezará unha festa que seguirá durante a madrugada.

También te puede interesar